Obradoiro Dixital “As RRSS: o escaparate para as pemes, persoas autónomas e emprendedoras”, todo un éxito no edificio das Alianzas en Ares

A Coruña, 20 de marzo do 2024,

  • O luns 18 de marzo, de 19:30 a 20:30 desenvolveuse, no Edificio das Alianzas, un novo obradoiro dixital sobre RRSS e a súa utilidade de cara ás pemes, persoas autónomas e emprendedoras.
  • A concelleira de turismo, Lucía Blanco, deu unhas palabras de agradecemento e reiterou a importancia deste tipo de accións por e para os empresarios, achegando e democratizando o proceso dixitalizador á contorna rural da provincia.
  • Realizouse un aperitivo networking ao finalizar o obradoiro, coa intención de establecer sinerxías entre as persoas asistentes.
  • Impartiu o Obradoiro Dixital, D. Julio Flores, experto en marketing Dixital e profesor no CESUGA.

A partir da utilización das diversas RRSS, as persoas emprendedoras poden dar a coñecer os seus produtos dunha forma innovadora, agora estas ferramentas dixitais son o escaparate máis vistoso do mundo, onde destacar pode estar ao alcance de calquera. Lugares como Instagram, Facebook, Tik Tok ou LinkedIn, confeccionan unha ampla rede onde os usuarios buscan as novas tendencias, e tamén, aqueles temas nos que están interesados e que suceden ao seu redor.

Gran parte do Obradoiro impartido por Julio, realizouno con Intelixencia Artificial, que non deixa de ser outra ferramenta máis, aínda que esta última transmite unha gran revolución dixital non só para a nosa interacción na rede, cos usuarios ou cos potenciais clientes, senón tamén da interacción humana, no día a día, e loxicamente, nos postos de traballo.

Algúns exemplos de diversas persoas que atrevéronse coas RRSS, deixaron claro que a viralidade é unha situación ao que calquera persoa emprendedora, de calquera sector, pode chegar: xa sexa unha perruquería, unha clínica dental ou un taller de vehículos.

  1. Atracción.

Incidiuse sobre a importancia de coñecer en que rede social participa o público obxectivo de cada persoa, ademais de que tendencias estanse a seguir en cada unha delas, por exemplo presentouse a técnica de funnel, para poder comprender e coñecer as actitudes dos clientes e as súas necesidades, ademais de como as empresas poden ser atractivas, sen necesidade de vender directamente un produto (visibilidade ao equipo de traballo, descontos por deixar o correo electrónico ou o número de contacto…) .

Tamén deixamos a ligazón ao vídeo na canle de YouTube co evento íntegro:  https://www.youtube.com/watch?v=F-YgGaRYF5c

A continuación deixamos unhas fotografías do obradoiro dixital: