- O xoves 30 de novembro, de 19:00h a 20:00h levouse a cabo no Salón de sesións do concello de Fisterra.
- Realizouse un café de benvida para as persoas asistentes, ademais dun café networking ao finalizar o Obradoiro.
- Impartiu o Obradoiro Dixital, Dna. Paula Martínez, experta en Marketing e que ten unha empresa de marketing dixital, Azul Social Media, en Carballo.
Algúns datos para dar contexto que dou Paula Martínez ao inicio do obradoiro, e que deron unha información destacable para coñecer a situación das vendas dixitais: o uso de redes sociais está por encima dos 45 millóns de usuarios, nas persoas de maior idade tamén, dos quintas partes das persoas maiores de 70 anos utilizan redes sociais. Google colocouse como primeiro lugar do ranking de motores de busca en 2021, 2022 e é posible que esa tendencia continúe neste 2023.
Falounos, a gran escala e dalgunhas ferramentas en particular, sobre omarketing dixital.
- Deseña unha estratexia dixital.
- Dedica os recursos adecuados.
- Crea e optimiza a túa páxina web.
- Traballa na túa presencia online.
Paula Martínez transmitiu os seis grandes compoñentes do Marketing Online:
- Search engine marketing (SEM).
- Search engine Optimisation (SEO).
- Social Media Marketing (SMM).
- Display & Video Marketing.
- CRM (Centro de relación e xestión co cliente/usuario).
- Email marketing.
Tamén coñecimos, a grandes rasgos, os pasos para crear o teu plan de marketing dixital:
- Constrúe aos teus Buyer Persoas.
- Identifica aos teus obxectivos.
- Avalía os teus activos dixitais actuais. .
- Identifica a canle de Marrketing Dixital.
- Identifica a túa campaña dixital (funnel).
- Orzamento, recursos e medición.
O punto relevante do Obradoiro, foi o apartado destinado á identificación das distintas canles de marketing dependendo da túa audiencia obxectivo e as metas que teña cada entidades ou persoa, ademais da análise de resultados e como non, do orzamento necesario para implementalo.
- Google.
- Meta.
A revolución tecnolóxica produciu un conxunto de cambios no mercado que implican a necesidade de coñecemento deste novo medio, o dixital. Empresarios e emprendedores precisan coñecelo e aproveitar todo o seu potencial. Xunto á transformación verde, a dixital, sitúase como pilar fundamental da sociedade e o tecido económico que preténdese desenvolver nos próximos anos.
O obxectivo deste Obradoiro foi expoñer ferramentas e modos de actuar que axuden ás empresas, autónomos e persoas emprendedoras a acadar os seus obxectivos de comunicación, marketing e vendas a través das diversas canles dixitais e a adaptación á situación particularde cada entidade.
Ao finalizar a poñente, moitas das persoas asistentes, emprendedores/autónomos, empezaron a falar entre si de que estratexias tomaron no pasado en canto ao marketing dixital e cal sería a recomendación que daría a poñente. Neste caso, se realizou unha pequena explicación de como funciona “Google my business”, sendo unha moi boa opción para aquela persoa que queira iniciarse na promoción a través da canle dixital, algunhas das persoas asistentes dedicábanse á hostalería e pareceren moi interesadas neste ferramenta concreta.