Obradoiro Dixital “A transformación dixital da empresa dende a perspectiva do cliente”, recibe una cálida acollida no concello de Brión

A Coruña, 1 de febreiro do 2024,

  • O mércores 31 de xaneiro, de 10:30h a 11:30h levouse a cabo na Aula CeMit do concello de Brión.
  • O alcalde de Brión, D. Pablo Lage Sanmartin deu unhas palabras de agradecemento e reiterou a importancia deste tipo de accións por e para os empresarios, achegando e democratizando o proceso dixitalizador á contorna rural da provincia.
  • Realizouse un café de benvida para as persoas asistentes, ademais dun café networking ao finalizar o Obradoiro.
  • Impartiu o Obradoiro Dixital, Dna. Judit Cabana, experta en marketing Dixital e cofundadora de Impact Hub na Coruña.

Falounos, a gran escala e dalgunhas ferramentas en particular, no ámbito do marketing dixital, sobre as experiencias que poden ter os clientes a través da rede, e que accións implementar para mellorar dita experiencia, as valoracións dos usuarios, a fidelización de ditos clientes…

Un correcto deseño da experiencia do cliente no ámbito dixital é fundamental, xa que moitas veces encóntranse sós na nosa páxina web, polo que é fundamental establecer elementos que funcionen correctamente e fagan que o usuario síntase cómodo en todo o proceso de compra. De feito, durante o obradoiro, realizáronse varios exemplos das persoas presentes sobre o chamado: “customer journey”, con diferentes aspectos:

  1. Atracción.
  2. Consideración.
  3. Compra.
  4. Servizo.
  5. Fidelización.

Incidiuse sobre a importancia de coñecer con exactitude as persoas que están a comprar os nosos produtos e servizos, e os podemos coñecer mediante a interpelación directa a través das diferentes canles dixitais (correos electrónicos, newsletters, chats de usuarios, chamadas de teléfono…) Porque recordamos, é fundamental poñer á persoa no centro.

Tamén deixamos a ligazón ao vídeo na canle de YouTube co evento íntegro: https://www.youtube.com/watch?v=6MosAC9Hgi0&t=773s