Asesoramiento de dixitalización
PROXECTO FINALIZADO
A Oficina Acelera Pyme Rural de Ponteceso (OAP), financiada con Fondos Next Generation a través da convocatoria de axudas para a creación da Rede de Oficinas Acelera Pyme para contornas rurais da entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, finaliza a súa actividade tras dous anos en funcionamento.
A OAP, en colaboración coa Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella e o Concello de Ponteceso, permitiu a profesionais, empresas e emprendedores/as avanzar na modernización e transformación dixital, base para o crecemento e a competitividade empresarial.
Lembrámoslle que en www.red.es ten á súa disposición información, actualidade, financiamento e recursos relativos á dixitalización e transformación dixital da súa empresa.
DIXITALIZA A TÚA EMPRESA COA NOSA AXUDA
QUERES COÑECER O GRAO DE DIXITALIZACIÓN DA TÚA PEME?
Paso 1
Solicita o noso servizo de asesoramento cubrindo o formulario.
Paso 2
Un consultor especializado poñerase en contacto contigo para explicarte o proceso e solicitar a información necesaria.
Paso 3
Revisamos a información recibida e programamos unha sesión para aclarar dúbidas e aclarar os puntos máis relevantes.
Paso 4
Analizamos toda a información e creamos o teu plan de dixitalización personalizado , segundo a túa situación actual e os teus obxectivos.
Paso 5
Fagamos unha última sesión para compartir o plan e aclarar as dúbidas que sexan necesarias.
Paso 6
Seguimos executando o plan e estamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida.