- O luns 4 de decembro, de 19:30 horas a 21:00 horas levouse a cabo no Edificio Multiusos (Aula 4), do concello de Santa Comba.
- Realizouse un café de benvida para os asistentes, ademais dun networking ao finalizar o Obradoiro.
- Impartiu o Obradoiro Dixital, Dna. Beatriz Ventosinos, experta en Marketing Dixital.
O obradoiro dixital impartido por Beatriz, de ahao studio, centrouse no emailmarketing, presentando as vantaxes, e como utilizar as ferramentas que si existen para pemes, persoas autónomas e emprendedoras.
No obradoiro púidose concentrar como elaborar a estrutura básica dunha newsletter:
- Título chamativo.
- Deseño e presentación.
- Identificación do email coa cabeceira e o logotipo da empresa.
- Coidado da estética e as imaxes.
- CTA a chamada á acción.
- Testemuñas e reseñas.
- Engadir botóns sociais.
- Datos de contacto visibles.
- Botón de baixa ou cambio de preferencias.
Tamén coñecimos máis en detalle os insights do emailmarketing para a súa análise e posterior mellora cos usuarios/clientes:
- Tasa de apertura.
- Tasa de clic.
- Rebote.
Beatriz aportounos unha serie de tips para mellorar a nosa estratexia de newsletter:
- “da, da, da… y luego pide”.
- “utiliza tu nombre como remitente”.
- “No seas pesado”.
- Ponte de su lado”.
- “Da recompensas y pregunta”.
- “Cuenta algo personal”.
- “Usa la palabra tú”.
- “Escribe con naturalidad”.
- “Destaca los beneficios”.
- Utiliza las historias”.
- “Utiliza promociones, ofertas y tiempos”.
- “Inserta varios links a tu página”.
- “Usa el poder del postdata”.
“Prueba, prueba, prueba y testea todo… qué es lo que funciona mejor, con qué público, en qué momento”.
E por último, presentouse as diferentes ferramentas de emailmarketing, coas súas vantaxes e erros, e cal é a mellor situación segundo a empresa ou a persoa autónoma que estea a pensar en realizar unha acción de emailmarketing e a súa experiencia previa:
- Mailchimp.
- Brevo.
- Acumbamail.
O obxectivo deste Obradoiro foi expoñer ferramentas e modos de actuar que axuden ás empresas, autónomos e persoas emprendedoras a acadar os seus obxectivos de comunicación, marketing e vendas, se apostan por unha acción de emailmarketing, dentro das miles de opcións que engloba o ecommerce.