contacto

PECHE DE ACTIVIDADE

Despois dunha intensa e enriquecedora viaxe, a oficina cesa a súa actividade. Aproveitamos para expresar o noso sincero agradecemento a todas as persoas, entidades e organizacións que confiaron en nós e nos apoiaron durante este tempo.

O noso traballo centrouse no apoio a autónomos, emprendedores e pemes, ofrecendo asesoramento especializado e promovendo a transformación dixital como ferramenta clave para o crecemento e a innovación. Grazas a este esforzo colectivo, puidemos realizar  máis de 130 consultas , das cales un número importante deron lugar a  plans de transformación dixital  adaptados ás necesidades de cada negocio.

Ademais, organizamos e participamos en actos que reuniron  a 316 asistentes , espazos de encontro, aprendizaxe e intercambio de ideas que esperamos deixaran unha pegada positiva no tecido empresarial da nosa comunidade.

Queremos destacar e agradecer o apoio institucional recibido, especialmente da  Deputación da Coruña  e dos  concellos  que nos abriron as portas para levar a cabo estas iniciativas. Tamén, por suposto, ao esforzo e compromiso de todos os profesionais, empresas e emprendedores que formaron parte deste proxecto.

Aínda que esta etapa está chegando ao seu fin, estamos satisfeitos de ter contribuído, dende o noso ámbito, ao avance e modernización do sector. 

Aínda non probaches a nosa app?

Accede á web nun dispositivo iOS ou Android e desfruta dunha experiencia mellorada e asesoramento directo.

Mejora tu experiencia accediendo a nuestra APP